Ei, ei, eiiii, tí máis eu sabíamolo (pero non o queriamos crer...) aquí está o último disco da banda británica Muse "The 2nd law" que todo diosh tenta comparar con "Queen" e "David Bowie" nun alarde imposible de darlle algo de mérito e encaixalo dentro dos grandes "brit artists". Así que vou destripalo agora porque, seguramente, tras oilo máis veces seráme máis familiar e máis Muse na miña cabeza (cousa que agora non é) e non quero deixar pasar a oportunidade de plasmar as impresións que "sufrín" con esta primeira volta:
1.- "Supremacy" - Muse dando un paso adiante máis no seu fondo melódico (achegándose ás veces ao empalague do Delilah de Tom Jones, sobre todo ao principio, e até dando uns acordes ao James Bond e á pegañenta melodía do comercial de Martini) e usando e "abusando" do falsete de Bellamy.
2.- "Madness" - Moito trillei sobre este tema. Xa non vou dicir máis do que dixen deste tema...pegañento, pegañento, pegañento, aínda que lembre a George Michael, Prince, Queen... pero tras escoitar todo o disco seguramente non será o que máis disguste.
3.- "Panic Station" - Mimadriña!!! "Scissors sisters" misturados con "Duran Duran"?????? non, son Muse. Remítome ó que puxen no punto 2.
4.- "Prelude" -'Piano overture' para o tema oficial dos Xogos Olímpicos. Que se pode dicir del...maxestuoso como só Bellamy sabe facer as liñas de piano deixándose levar pola súa paixón polo cósmico e os misterios do universo encaixados na súa crencia na Teoría da Conspiración.
5.- "Survival" - Para os que non o escoitaron,
difícil a estas alturas, un tema moi bó, operístico, cómico-dramático,
misturando o cabaret coa opereta e con coros grandiosos (iso sí, ao
estilo Queen, non chega á complexidade mínima requerida por unha opera
de verdade). O final, moi previsible, cun grito en falsete rachado no último momento parece o final dunha peli de cabaret na que a "loca" protagonista deixa toda a súa alma na interpretación do seu número a pesares de saber que está mortalmente enferma e todo o mundo a deixou tirada.
6.- "Follow me" - Mimadriña 2!!! "Ultravox"???? non, son Muse. Como dicía, dan un paso máis no seu fondo melódico (que case se fai melódico de máis...) e a escala da liña de voz lembra demasiado ao "Viena" ou ao "Dancing with tears in my eyes" (pode que axudada polo fondo de sintetizador que lle meten a este tema).
7.- "Animals" - Moi boa base rítmica, o baixo volve a ocupar o lugar que lle corresponde, a batería combinando como debe e a guitarra comeza moi suave e adornista, a voz susurrante pero sen empalagar. Previsible pero intenso e adecuado cambio de ritmo final.
8.- "Explorers" - Penso que xa o berrei mil veces pero odio, odio, odio a Peter Pan!!! ah, non era iso... odio cando Bellamy se nos pon romanticón...mimadriña 3!!! tema para as nenas e para poñer na hora das lentas na disco (aínda se fai iso?). O estribillo: "Libérame, libérame, libérame de este mundo..." joé... que resultón á par de facilón. Será a B.S.O. da próxima peli tipo "Curpúsculo"?

9.- "Big freeze" - A estas alturas poderiamos pensar que nada, nada, sería o bastante para sorprendernos pero...o tema non está mal aínda que...os coros do baixista...medo me da que lin nalgures que o tío marcábase un tema cantando el. Sinceramente, o tema é moi mediocre para ser de Muse pero, claro, de noveno nesta lista...
10.- "Save me" - Mimadriña 4!!! "Tears for Fears"???? non, son Muse. Este é o tema que canta Chris, o baixista, nun alarde de sinceridade e interiorismo sen parangón o tío conta a súa dependencia á bebida...sen comentarios porque no fondo, moi no fondo, gústanme estes tíos e porque os adornos de guitarra final (moi ao estilo do mestre Steve Howe en GTR) salvan o tema.
11.- "Liquid State" -Segundo tema cantado por Chris...a que polo título adiviñades que tamén trata da súa (até agora) secreta adicción? Ben, algo cañeiro, moito cambio de ritmo, coros moi suaves pero atinados de fondo, unha liña de baixo potente e contundente pero nada que non fixeran "Helloween" fai anos e moito mellor...
12. - "Unsustainable" - Este xa fora outro dos
"singles filtrados" en formato vídeo no canal oficial de Muse (xunto
con Survival e Madness). Fondos sintetizados resultóns, coros resultóns,
voz dunha fulana que da as novas pola tele algo deformada para darlle
un aire máis futurista e resultón, cortada por unha voz dun robot máis
deformada e resultona e todo isto rasgado por uns intensos, rasgados e
resultóns riffs de guitarra... non sei, se tomas catro Jack Danields e
pechas aos colegas nun local, agarras un micro e repartes aleatoriamente
instrumentos entre os demais... ah, e invitas a un par de chatis para
que fagan a voz da reporteira, claro.
13. - "Isolated system" - faise como a segunda parte do anterior tema pero agora unha morea de reporteiros coas súas voces misturadas dan a sensación de espallar as malas novas de destrucción masiva, de fondo unha liña de piano que podería facer o meu adorado Trent Reznor con sete dedos atados ao lombo. Cando a cousa xa causa somnolencia, aparece unha base de percusión e fondos alternativos de synths para facer a cousa máis grandilocuente. Por suposto, o tema remata coa voz da reporteira dicíndonos que disto non nos libra nin diosh...será unha sinal?
Aí é nada. Aínda que vos pareza que me pasei catro poboados apache e un par de fortes de Comansi...facédeme caso, non foi así. Penso que fun bó de máis...Haberá que escoitalo máis e logo diso, acostumarse ou deixalo apartado para non volver oílo nin por error. En todo caso este disco demostra que somos unhas almas cándidas e pensamos que por ser bós músicos han facer boa música...pois non tal, Muse demostran que están máis que apuntados ao fenómeno comercial, masivo, cool e todo o que poda ser odiado polos verdadeiros amantes á música. Iso si, para calquera que non teña nin idea de música ou que non mamara aos grandes clásicos do rock dos 70, 80 e 90, pode que este disco lles pareza orixinal, fresco e ata atrevido. Nada máis lonxe da verdade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario