Ghalishial Xeoghrafi
Nº de Outubro/2.012
Espectacular nova a que chegou esta semana á nosa redacción. Un
pastor acha o que poderían ser as primeiras probas apalpables de
órganos sexuales dos nosos ancestros. Ata a zona desprazouse o noso
becario, Xulián Testiña Barba, que recopilou toda a información en
primicia para a nosa revista e que pasamos a detallar nesta reportaxe.
Os feitos aconteceron antes de que caera a tardiña, e dicir antes de
que os lugareños despeñaran polo barranco á última muller en chegar, e no momento exacto no
que o pastor, Xosé Inon Veño, gozaba duns intres de paz antes de
retornar co seu rebaño para a casa tras un duro día de traballo no monte.
Segundo relata Xosé: "Non sei como puido pasar, non estaba
facendo nada diferente ao habitual aínda que tampouco estaba facendo
o de sempre. A constelación das Pleiades aínda non despuntara no firmamento celeste e notei que un par de ovellas comportábanse dun xeito
estraño, experimentando pautas de comportamento non propias da súa
especie aínda que tampouco desenrolaban os patróns propios dos
felinos."
(*) Ata este punto o texto está transcrito polo noso becario porque
Xosé mascaba tabaco á vez que mandaba un par de Ghuashas polo móbil e relataba o acontecido e non había quen se enterase de nada. Leamos agora o testimonio da nosa testemuña:
"Pois como che dicía rapaz, as chotas estaban como idem e non facían
máis que xemer, lembrábanme á miña Conchi (en paz descanse) as
noites que eu non chegaba de todo borracho á casa e a pillaba aínda
desperta na cama e...de que estabamos a falar? ai si, as chotas. Pois
estaban todas xuntas agochadas tralo outeiro onde botamos o lixo do
taller de ferralla do Lino e pensei que algunha delas quedara
atrapada no tambor dunha lavadora polos berros que estaban a
dar. Tan pronto como fun capaz de subirme os pantalóns e deixar a
revista que estaba a mirar, corrín coma un tolo para atoparme un espectáculo de
pilicula!"
Avisamos que o que ven a continuación pode non ser axeitado para
todo tipo de lectores..
"Tres das ovellas estaban tiradas panza arriba sobre a herba
mentres masticaban algo grande e redondo. Parte daquela cousa
saíalles pola comisura da boca, desfacéndose en pingueiras de
líquido amarelo e pegañento. O resto do rebaño daba chimpos ao redor delas mentres loitaban por roubarlle aquela cousa da boca ás demais. Que quere que lle diga? Naquel momento
pensei que as mordera un chupacabras e que estaban todas rabiosas con
algo que lles pegara o bicho.”
Nese punto, segundo a versión do noso
becario, o bo de Xosé baixou a cabeza nun xesto de tristura intensa
e encolléndose sobre o peito, arrincou do seu interior un esgarro
inmenso co que golpeou os restos da lavadora.
“Agora que che digo unha cousa, eh? A
cara daquelas ovellas non era normal. Estaban todas como posesas!”
O noso compañeiro fíxonos chegar un
documento gráfico no que se pode ver unha instantánea das ovellas
que, dado o dramático e grotesco da escena, temos prohibido publicar
polo Ministerio de Igualdade das Ovellas.
"Non sei como fun capaz de recuperar o control daquelas bestas. Recuei ata a árbore onde deixara a revista ponno e dándolle voltas como para machucar moscas, carguei contra o rebaño ouveando coma un lobo e batendo coas tías en pelotas contra toda ovella que me cruzaba polo camiño. Debín de montar moito follón porque non tardaron máis de dez minutos os do Seprona en aparecer e inmovilizarme a min e incautarme a revista das mozas."
Segundo puido confirmar o noso becario, membros do Seprona admitiron os feitos pero negaron terse apropiado de ningunha revista porno na que saíra Riahnna.
"Eu pensei que só viría o Lanrrover pero tamén chegaron unha morea de matraquillos e tractores. Alguén correu a voz de que había un rebaño de ovellas tolas e que non se podían deixar polo monte que matarían aos lobos salvaxes e asasinos que estaban en peligro de extensión ou algo así. Así que alí me ve a min, defendendo a miña revista ponno como podía e intentando que os meus viciños non mataran o rebaño.
A miña sorte foi que con todos eses aparvados viñeron tamén os da Garda Civil e aí traballa o fillo de Toñito que é moi científico e sempre lle gustou todo isto das prehistorias e os onis. Tan pronto o rapaz puxo o ollo naquela cousa grande e redonda dixo que de seguro era un collón dun home das cavernas e que como chegásemos a atopar o carallo que lle faltaba, faríamonos ricos e sairíamos na Te Uvre Ga. A todos nos encantou a idea de saír na tele e tampouco lle fixemos ascos á idea de ser ricos así que lle pegaron catro descargas eléctricas ás ovellas para calmalas e arrincáronlle aquela cousa dantre os dentes."
Para finalizar a entrevista, o noso
becario preguntoulle a Xosé se pensaba que aquelo podería ser só
parte dun testículo ou un escroto ao que o pastor respondeulle que
“aquelo non estaba roto, só un pouco mordido” e que non entendía
a orde da Garda Civil de manter pechadas no cuartelillo ás ovellas
mentres estas non deixaran de cuspir espumaraxos verdes pola boca.
Todo isto é o que podemos ofrecerlles
ata este momento. Manteremos a comunicación aberta con Xulián e
faremos chegar calquera nova de interese que poida ter relación co
descubrimento dos testículos prehistóricos.
Non se perdan o próximo número de Ghalishial Xeoghrafi onde o aventureiro David Aquenpotough arriscará a súa vida na visita a unha granxa de galiñas ananas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario