OLP (Onda Letrina Productions LTD) 2.016 (de momento). Año XXVIII. Publicación mística. Prensa laxante. Consulte a su farmacéutico.
OLP declina toda responsabilidad en los eventuales daños cerebrales que puedan ser causados a un hipotético lector de esta publicación.

domingo, 14 de octubre de 2012

ABDUCIÓNS EN MASA


Estase a producir nestes últimos días un fenómeno extrano pero que curiosamente sempre se produce en Galicia cando se acercan as ereccións de calquer tipo. Hai milleiros de millóns de testemuñas que indican que esto é un fenómeno certo e real como a vida mesma.

O caso tipo é unha parella de septuaxenarios (como mínimo) que viven illados, con moitos achaques, nunha aldea remota. E o curioso do caso e que moitos deles contan estes episodios ata duas ou tres veces no mesmo mes.

Os nosos protagonistas, Delmiro e Balbina residen na parroquia de San Bieito da Vexiga Podre (mexan por nos e decimos que chove) na bisbarra de pan, e un sábado, pasa sempre en sábado, (sábeno porque o día seguinte sempre van á misa) de súpeto, sen saber nin como nin como mon, atópanse nun cachivache espacial, parecido a un autobús, pero que non fai ruido ningún, con letras P e gaivotas pintadas por todos lados e amoreados con outras parellas da sua mesma quinta. Cando se dan conta atópanse chegando a un gran recinto nunha gran vila a que nunca foran antes, e que xa tiñan descartado coñecer enfrascados na sua sinxela vida de xubilados do campo.

De repente entran todos xuntos nunha estancia grande, con tanta luz que case cega, e oen unha voz a ritmo de gaita sintetizada:

"Xuntos pra gañala vida, dia a dia, 
Hoxe e mañán tamén 
Xuntos e que sintan todos que si van xuntiños
Temos mais camiños para facelos ben
Xuntos non habrá quen poda miña nai querida
Xa o sabemos ben.
Xuntos, mais fortes, mais craros, xuntos mais ben
Xuntos nos trunfos e xuntos nos fallos tamén"

Delmiro pensa "ostias, estos marcianos teñennos ben estudiados, deben ter conexión satélite co Luar, ¡¡¡ ata saben que nos gustan as gaitas e Juan Pardo. Hai que ter tino, ¡¡¡ a ver que nos van facer!!!"

Entreganlle a cadanseu unha ou duas bandeiriñas con debuxos de gaivotas e letras P e o afoto dun marciano. Debe ser a bandeira do seu planeta.. ¡¡Que carallo nos quererán facer!!

De repente sae un marciano todo encorbatado que debe ser o xefe, e debe ser estudiado tamén porque ¡¡¡fala o galego da TVG, o de Gayoso!!!. E empeza a falar...  Ao principio fala despaciño: "non sei que carallo da coyuntura", "rehostias benditas de benestar", "merda de inflacción das pensións", "a carallada do défici púbico", Non o entende nin a nai que o botou... Conta algún chiste, a xente ri. Pouco a pouco vaise quentando e berra cada vez mais. A xente empeza tamén a berrar.. ¡¡¡ Se cadra temos que berrar nos tamén para que pense que somos dos seus !!! Ou eso ou vaite ti a saber o que nos fan!!!

Balbina e Delmiro berran con tódalas forzas e baten as mans coma se lles fose a vida. ¡¡ E que se cadra lles vai !! pensan.

O marciano tolo acaba de falar e agora falan outros chupatintas que deben ser os seus copilotos, as suas "zapatas", mecánicos, etc. Todos lle fan a pelota ao que falou primeiro. ¡¡¡ Ves como estes lle fan a pelota, non debe ser cousa boa levárllela contraria !!! dille Delmiro a Balbina. ¡¡¡ Fixemos ben berrar coma quen... !!!

Despois Balbina sinálalle a Delmiro como a xente empeza a desfilar, todos cara a mesma porta e con cara de risa. Faille un aceno coa cara como decindo ¿Que demos pasará alí?

"Igual dan a comunión, ¡¡¡eu que sei!!!" lle contesta Delmiro encolléndose de hombreiros. 

"¡¡¡Imos aló!!!" di Balbina que sempre foi moi botada para adiante.

- ¡¡¡Ostias, xa che decía eu que nos teñen ben estudiados estes marcianos!!! ¡¡¡Mira, ata nos poñen pulpo á feira para comer!!!. Pois eu non o penso comer, ¡¡¡ a saber que demos de clenbuterol lle botaron!!!. Seguro que nos queren adormecer para roubarnos o sangue. 

- Hai chachiño, pois eu teñoche fame, responde Balbina, eu vou probalo.

- Tache bon de carallo, o único que me fode é que non leva picante, comenta Balbina coa boca chea metendo un anaco de pan de broa.

- Por alí polo medio ven o marciano xefe, o que berrarba -sinala Balbina erguendo o brazo co palillo do pulpo na man- Delmiro, ¡¡¡ come e fai coma que che gusta, que ven cara a nos!!!. 

Delmiro para disimular colle un anaco de pulpo e meteo na boca, ¡¡¡malo será!!!, pensa.

O xefe marciano dállela man mentres alguén chimpa un "afoto"

Despois da pulpada, levannos de volta ao cachivache espacial que os trouxo... 

O seguinte que lembran é despertarense na sua cama.

- Xa che dixen que o pulpo tiña algo, durmin de carallo esta noite, e soñei con marcianos, indica Delmiro. Vou mirar se teño todo o sangue ou me roubaron algún.

- Deixate de lerias que hoxe hai que ir votar !!!

Cheganse a igresia que agora chaman "colexio" (malia que na parroquia non hai nengún neno) e alí, nun montón están os papeliños coas mesmas letras e debuxos dos marcianos que os levaron. Hai outros montonciños moito mais pequenos ao lado.

- ¡¡¡Pois o pulpo estábache ben bo!!!, di Balbina, o sea que colle un para ti e outro para min, e acabóuse.

- Calquera lle leva a contraria a Balbina...

© FUNES 2.012


No hay comentarios:

Publicar un comentario